Sexamos sinceros. Eu sempre quixen casar con Borja… pero non polos seus cartos, nin por suposto polo excesivo atrativo, non. Eu quería casar só polos cadros da súa nai. Era a miña única posibilidade de ter un Sisley na casa. Xa asumin que nunca acontecería, o soldo de Microbiólogo nunca será dabondo.
Hai pouco que me enterei de que existían bacterias artistas… Sí, restauradoras sendo máis precisos.
Todos recordamos esas visitas a vellas igrexas con cheiro a humidade, manchas negras e frescos que fan boa a expresión de “calquera tempo pasado foi mellor”.
Nos procesos de dexeneración e pérdida de cor das pinturas, interveñen moitos factores, pero algúns teñen nome e apelidos: especies de fungos coma Aspergillus, Penicillum ou liquens. Ademáis os restos da actividade dos seres vivos provoca depósitos de sales brancas nas pinturas. A utilización de produtos químicos para levar a cabo a limpeza ten efectos non desexados coma a imposibilidade de ser altamente específico ou a dificultade de controlar o tratamento de maneira que se limpe, pero non se lles faga mal as pinturas.
Pois resulta que un equipo multidisciplinar da Universidade Politécnica de Valencia foi capaz de utilizar as características especificas do reino bacteriano en beneficio do arte. Por certo, para os non iniciados, aclararvos que un equipo multidisciplinar é o que xurde a partir de que membros de distintos grupos de investigación tomen cervexas xuntos.
A especie que usaron en Valencia foi Pseudomonas stutzeri. Os investigadores foron capaces de mellorar as técnicas de aplicación das solucións bacterianas empleando agar en lugar de impregnacións directas de suspensión bacterianas. Coa aplicación das bacterias acadáronse excelentes resultados na eliminación de materia orgánica, depósitos de sales e eflorescencias. Agora so hai que retocar un pouco a pintura.
A esta vea artística do xenero Pseudomonas hai que engadir outras especies coma Myxococcus xanthus. Este individuo é capaz de formar cristais minerais diferentes segundo o medio de cultivo que ten a súa disposición: fosfatos, calcita… Un grupo da Universidade de Granada traballa na posible aplicación de esta bacteria e os seus cristais na restauración de monumentos de pedra. Imaxinades algún escenario posible en Galiza?
Agora que o de Borja non será posible vou intentar convencer as bacterias do laboratorio para que me pinten un cadro impresionista.
E coma diría o SuperRato: Non olviden supervitaminarse e supermineralizarse!!. Ainda que sexa usando unha bacteria.
@pvcrespo
Caracterización del biodeterioro y desarrollo de nuevos tratamientos de limpieza aplicables a los frescos restaurados de Antonio Palomino en la Iglesia de los Santos Juanes de Valencia http://hdl.handle.net/10251/9920
Proyectos de Biumineralización: http://www.ugr.es/~biomin/es/pr.html